Cafés Toscaf fai valer a sua veteranía para impoñerse ao Cisne en Pontevedra

Pontevedra
30 de setembro 2012

O Cisne presenta os seus seis equipos de base e homenaxea o seu ex xogador Eloy López, pero non consegue derrotar a un equipo avilesino que saca proveito da súa maior experiencia e dos fallos defensivos locais

Santi Picallo, presidente do Cisne, fai entrega dun recordo a Eloy López

Un mal comezo de partido, os erros defensivos e a maior experiencia do rival levaron ao Cisne á derrota no debut liguero do equipo que adestra Milucho Pintos ante o seu público.

Moitos adestradores temen e ata foxen dos festexos previos a disputa de calquera partido, polo que de distracción ou perda de concentración poden supoñer para os seus xogadores, e o sucedido na pista vén confirmar esa impresión. O Cisne presentaba aos seus equipos de base e rendía homenaxe a un dos seus xogadores históricos. Fose ou non ese o motivo, o certo é que o cadro local saíu durmido, como despistado e tardou en entrar en xogo. Cando o fixo os asturianos foranse no marcador cunha vantaxe que chegou aos seis goles.

Reaccionaron os cisneístas, logrando chegar ao descanso a só un tanto dos seus rivais, e ata se puxeron por diante nos inicios do segundo período, pero no momento máis inoportuno apareceron graves erros defensivos que non deixaron pasar os experimentados xogadores avilesinos para levarse a vitoria, malia a gran achega goleadora dun Pablo Domínguez estelar.

CISNE: 31: Galán, Pablo Domínguez (14, 3 p), Patxi (4), Alberto Casares, Iván Abilleira (5), Javi Vázquez (1), Adrián Freiría (3) ⿿ sete inicial- Miguel Simón, Martín, Toño Lafuente (p.s.), Dani Ponte (3), Álex Chan (1), Pablo Picallo e Bruno.

CAFÿS TOSCAF AVILÿS: 33: Sergio Rozada, Prieto (5, 2 p), Pirri (5), Avelino (7, 2 p), Javito (5, 1 p), Eduardo (1), Javi Agundo ⿿ sete inicial- Adolfo (p.s.), Silverio (6), Aitor (1), Fidalgo, Abel (3) e Rubén.

Marcador (cada cinco minutos): 1-2, 3-5, 4-9, 5-10, 10-13, 13-14 (descanso), 16-17, 19-19, 21-21, 23-26, 26-30 e 31-33 (final).

Árbitros: Eiras Abalde e Álvarez Vázquez (Colexio Galego). Excluíron por dous minutos a Iván Abilleira, Pablo Domínguez (2), Silverio, Avelino e Fidalgo.

Incidencias: Pabellón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Case 200 espectadores. Segunda xornada da Primeira división nacional de balonmán. Antes de empezar o partido o Cisne presentou os seus equipos de base, ademais de render homenaxe a Eloy López, xogador do club durante 15 anos.