Café lidera a remontada do Marín Futsal ante o Castro e accede ás semifinais da Copa Galicia (2-3)

Marín
04 de setembro 2022

A colombiana foi a autora dos tres goles que deron a vitoria ao Marín Futsal

Café, no último partido de liga entre o Marín Futsal e o Leganés

O Marín Futsal xa é equipo de semifinais da Copa Galicia tras derrotar ao Castro por 2-3.

Na primeira parte fixéronse co control do balón as visitantes, mentres as lucenses tiñan que esforzarse en tarefas defensivas para manter a portería a cero. Avisou Ceci cun primeiro disparo, despois probou sorte Adri, pero foi o Castro o que foi máis efectivo cun gol na súa primeira chegada. Iniciou Antía Martínez cedeu a Carmen, que puxo o balón preto da portería de Silvia e remachou cruzado Antía Corral, superando á meta internacional.

María León foi a protagonista en dúas ocasións posteriores, a segunda sacando Ana López en boca de gol, e despois Ceci, tamén sen fortuna.

E de tanto buscar o premio non tardou en chegar. En xogada ensaiada de saque de esquina Pau enviou a Café, que amagó o crebo a unha rival e picou o balón por encima da cérbera para obrar o empate.

47 segundos máis tarde, María León atacou por banda esquerda, pasoulla a Café, e a colombiana volveu picar o balón para superar á meta do Castro. A remontada certificouse chegándose ao descanso co 1-2 en favor das de Marin.

Na segunda parte, Raquel foi a primeira en comprometer a Silvia Aguete, pero deseguido o Marín Futsal colleu ritmo de ataque. Sara Santos dispuxo da primeira opción, rexeitou a gardameta e Pau recolleu o esférico para disparar e sacar en liña de gol Patri Corral.

O partido a partir de aí volveuse agresivo, cos colexiados complicándose tontamente con decisións dubidosas que creaban polémica entre as xogadoras e o público.

Con todo, non tardou en chegar o 1-3 da man da internacional Ale de Paz, que enviou a Café que para bater a Area. Ale de Paz seguiu sendo protagonista facendo xogada individual e dando un bo pase a Adri, pero esta topouse coa meta adversaria para evitar o que podía ser o 1-4.

Pero o duelo aínda non terminara e o Marín cometeu a sexta falta. Patri Corral dispuxo dun dobre penalti, disparou con forza e bateu pola súa esquerda a Silvia Aguete para anotar o 2-3, deixando total emoción ata o bocinazo final, onde ambos os equipos dispuxeron de oportunidades para mover o marcador.

Con todo, o resultado non se moveu e foron as de Ramiro Díaz as que conseguiron o pase para as semifinais da Copa Galicia, na que xa non estará o Ourense Envialia, que caeu nos penaltis ante Viaxes Amarelle. 

FSF CASTRO (2): Area, Lara Díaz, Antia Martínez, Raquel Rodríguez, e Vero Abelleira, cinco inicial, Carmen, Patri Corral, Ana López, Irene, Antia Corral e Silvia Rubal.

MARÍN FUTSAL (3): Silvia Aguete, Bea Mateos, Ale de Paz, Ceci e Adri, cinco inicial, Café, Sara Santos, Pau, María León e Inés Mayan.

Goles: 1-0, Antía Corral (min. 7). 1-1, Café (min. 16), 1-2, Café (min. 16. 1-3, Café (min. 17) 2-3. Patri Corral (min. 29).

Árbitros: Héctor Pérez e Jordan Rosales, con Juan Rivera na mesa. Amoestaron con cartolina amarela a Irene Suárez e a Pau, e con cartolina vermella, por dobre amarela ao delegado do Marín Futsal, Cristóbal Quiros, no minuto.

Incidencias: Pavillón de Castro de Ribeiras de Lea, en Lugo. Máis de medio centenar de afeccionados. Cuartos de final da Copa Galicia feminina.