Caetano Horta, remeiro formado no CGTD, debuta esta noite nos Xogos de Tokyo

Pontevedra
23 de xullo 2021

Apenas unhas horas despois da cerimonia de inauguración, o remeiro galego Caetano Horta debutará nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020. Será nas series eliminatorias do dobre scull lixeiro, acompañado polo catalán Manel Balastegui

Caetano Horta (na proa), remeiro do CGTD que irá aos Xogos Olímpicos de Tokio, xunto ao seu compañeiro Manel Belasteguí PontevedraViva

Apenas unhas horas despois da cerimonia de inauguración, o remeiro galego Caetano Horta debutará nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020. Será nas series eliminatorias do dobre scull lixeiro, acompañado polo catalán Manel Balastegui.

Horta, natural de Noia, é un dos deportistas formados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra que, aos seus 18 anos, logrou a súa clasificación para a que será as súas primeiras olimpíadas. 

Loitará por un posto nas semifinais a partir das 04:40 horas da madrugada. Competirá na terceira das series, xunto a rivais procedentes de Canadá, Noruega, Chile, Alxeria e Bélxica. Só dous dos barcos terán acceso directo á semifinal.

O resto terán aínda a opción dunha repesca, que se celebrará na madrugada do sábado ao domingo, segundo recolle a programación da proba. 

O obxectivo da parella formada por Horta e Balastegui é poder alcanzar esta semifinal no seu debut olímpico, aínda que aseguran non renunciar a nada. Iso si, esta experiencia serviralles, sen dúbida, para seguir preparándose para futuras citas deportivas.