Borja Domínguez regresa ao Pontevedra

Pontevedra
05 de agosto 2022

O xogador, de 30 anos, militou no Pontevedra en 2019 onde chegou como reforzo no mercado de inverno. Tras o breve período de seis meses na Boa Vila, recalou no Lugo de Segunda División, onde estivo dúas tempadas antes de fichar polo Racing de Santander en 2021

Borja Domínguez, no partido entre Pontevedra e Rápido de Bouzas en Pasarón Diego Torrado

Confirmado unha nova fichaxe no Pontevedra Cf. Trátase do centrocampista Borja Domínguez, todo un especialista en Segunda División que regresa ao conxunto granate para as próximas dúas tempadas.

O xogador, de 30 anos, militou no Pontevedra en 2019 onde chegou como reforzo no mercado de inverno. Tras o breve período de seis meses na Boa Vila, recalou no Lugo de Segunda División, onde estivo dúas tempadas antes de fichar polo Racing de Santander en 2021.

Co conxunto verdibranco en Primeira RFEF xogou máis dunha trintena de partidos, marcou dous goles e deu catro asistencias. Iniciou a tempada con bo pé pero foi perdendo protagonismo a medida que ía avanzando a competición, chegando a estar varias semanas sen xogar.

Tras chegar a un acordo co Racing, Domínguez regresa a Pasarón para reforzar a zona de creación. Antonio Fernández poderá contar con el, Mario Ortiz, Yelko Piñeiro e Miguel Román.