Para Bordalás, o Pontevedra "non parece un equipo de 2ª RFEF, as súas prestacións son maiores"

Pontevedra
14 de xaneiro 2025
Actualizado: 14:42

O adestrador do Getafe asegura que o seu equipo vai a frontar o encontro de oitavos de final de Copa en Pasarón "co cinco sentidos e sen pensar na categoría do rival"

José Bordalás, no partido entre Las Palmas e Getafe LaLiga

O Getafe afrontará "co cinco sentidos e sen pensar na categoría do rival" o partido de oitavos de final da Copa do Rei contra o Pontevedra Club de Fútbol no Estadio Municipal de Pasarón.

Así o asegurou en rolda de prensa o seu adestrador, José Bordalás, afirmando que o seu equipo encarará o partido "coma se fose un partido de liga, co máximo interese".

Bordalás non escatimou eloxios cara ao seu rival, un Pontevedra que "non parece un equipo de 2ª RFEF, as súas prestacións son maiores".

"Merece todo o noso respecto e adminiración. Está a facer un campionato excelente, foi capaz de eliminar o Levate de Segunda División e o Villarreal e Mallorca. Sabemos que vai ser un partido de moita esixencia e dificultade", afirmou o técnico azulón.

Para Bordalás o equipo granate "ten xogadores de calidade, é un equipo atrevido, ao que non lle queima o balón. Está moi ben dotado e en Copa está a mostrar un nivel altísimo".

Por ese motivo, avanzou en rolda de prensa "imos sacar o equipo máis competitivo posible porque a nosa intención é gañar o partido e pasar á seguinte rolda".

"Superaron a tres rivais de gran nivel e poderían facelo o Getafe tamén, necesitamos dar a nosa mellor versión", asegurou coa lección apresa de ou sucedido nos anteriores encontros copeiros do Pontevedra.

O conxunto madrileñó chegará a Pasarón sen Nyom nin Yellu, afectado dun proceso gripal, pero "con ilusión renovada", recoñeceu o seu adestrador, tras lograr na última xornada de liga o seu primeiro triunfo a domicilio na competición regular.