Desde a tempada 18-19 o Getafe non pisaba os cuartos de final da Copa do Rei, algo que conseguiu tras vencer con moito sufrimento o Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón.
Por ese motivo o seu adestrador, José Bordalás, quixo "pór en valor o que fixo o equipo".
Fíxoo tras felicitar o Pontevedra "pola gran tempada que está a facer e a súa gran participación na Copa do Rei".
O técnico do equipo madrileño cualificou ademais de "marabilloso" o "ambiente de fútbol" vivido no estadio pontevedrés.
"Sabiamos que ía ser difícil porque é un equipo que eliminara a Mallorca, Villarreal e Mallorca", afirmou Bordalás.
Compareceu ante os medios contento co feito de que os seus "souberon sufrir, traballaron sen balón. En inferiodidad custounos ter un pouco máis o balón pero era complicado porque o Pontevedra é un equipo que se activa ben e manexa ben o balón e por iso chegou onde chegou", destacou.
En todo caso "hai que corrixir que nos complicamos a vida, non podemos deixar o equipo en inferioridade", explicou sobre a expulsión do seu xogador Álvaro Rodríguez no minuto 40 de xogo.
"Foi unha pena porque o partido estaba claro, poñernos por diante, xogar en campo do rival.Adiantámonos moi pronto, tiñamos o control e tras esa exulsicón foi supervivencia, e o equipo interpretouno moi ben", analizou o adestrador visitante.