Betis Deportivo, Deportivo Aragón, Lleida e Atlético Paso, posibles rivais do Pontevedra no play-off

Pontevedra
05 de maio 2024

Finalizada a liga regular, o Pontevedra Club de Fútbol xa pensa no play-off no que, co seu segundo posto, asegúrase a vantaxe de xogar a volta no Estadio Municipal de Pasarón. Segundo as bases de competición da Real Federación Española de Fútbol, o conxunto granate verase as caras cun quinto clasificado excluíndo ao do seu propio grupo de liga, e no caso de superalo, medirase cos equipos peor clasificados na fase regular

Afección do Pontevedra no Vero Boquete Cristina Saiz

Finalizada a liga regular, o Pontevedra Club de Fútbol xa pensa no play-off no que, co seu segundo posto, asegúrase a vantaxe de xogar a volta no Estadio Municipal de Pasarón.

Ademais, ao tratarse de eliminatorias de ida e volta e ser o mellor clasificado, en caso de empate final no global, con prórroga incluída, un empate valeríalle para acceder á seguinte rolda sen necesidade de pasar polos lanzamentos de penaltis.

Segundo as bases de competición da Real Federación Española de Fútbol, o conxunto granate verase as caras cun quinto clasificado excluíndo ao do seu propio grupo de liga, e no caso de superalo, medirase cos equipos peor clasificados na fase regular. Pero quen será o rival do Pontevedra a próxima fin de semana?

Os catro equipos que entrarán no bombo dos quintos (xunto ao Rayo Cantabria, descartado ao pertencer ao grupo dos granates) son o Betis Deportivo, o Deportivo Aragón (Real Zaragoza), o Lleida e o Atlético Paso.

O filial verdibranco accedeu á fase con 53 puntos e no seu plantel hai catro xogadores que debutaron co primeiro equipo, mentres que o filial do Real Zaragoza conta cunha dos planteis máis novos e o seu xogador de máis idade ten 22 anos.

O Lleida, pola súa banda, ten nas súas filas a un coñecido pola parroquia granate: Jon Bakero. O xogador catalán marcou esta tempada dous goles en 15 partidos disputados. Por último está o canario Atlético Paso, que na súa segunda tempada na categoría converteuse nun dos vinte equipos que pelexará por ascender a Primeira RFEF. 

Será este luns, en todo caso, cando se confirme o rival do Pontevedra. O sorteo celebrarase este luns 6 de maio ás 13:00 horas e poderá seguirse a través das canles oficiais da Real Federación Española de Fútbol.

AmpArticleViewer.default.tags