Axustada derrota do Waterpolo Pontevedra ante o CN Vallirana (8-11)

Pontevedra
18 de marzo 2023

Plantou cara o Waterpolo Pontevedra ao CN Vallirana no terceiro duelo polo ascenso disputado este sábado na piscina da Escola Naval Militar de Marín. O cadro local caeu por un axustado 8-11 e, ante todo, non lle perdeu a cara a un equipo cheo de xogadoras con ampla experiencia  

Partido entre Waterpolo Pontevedra e CN Molins Cristina Saiz

Plantou cara o Waterpolo Pontevedra ao CN Vallirana no terceiro duelo polo ascenso disputado este sábado na piscina da Escola Naval Militar de Marín. O cadro local caeu por un axustado 8-11 e, ante todo, non lle perdeu a cara a un equipo cheo de xogadoras con ampla experiencia.

O encontro empezou moi igualado, proba diso o 4-5 co que se chegou ao descanso. Con todo, o equipo visitante realizaron unha boa defensa para frear as internadas do WP e deixar o partido practicamente sentenciado no terceiro período (7-10).

Xa no último acto, o cansazo foi facendo efecto en ambos os conxuntos e só puideron facer un parcial de 1-1 co que se alcanzou a conclusión (8-11).

A pesar desta derrota, o equipo pontevedrés está a demostrar ser digno merecedor da categoría e non llo poñerá nada fácil aos seus opoñentes.

Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón