As Pontes, obxectivo dun Pontevedra que busca consolidar o seu liderado

Pontevedra
12 de decembro 2014

Os granates teñen as baixas de Fran Fandiño, que segue lesionado, e David Feito, por acumulación de amoestacións. Ademais, Capi está con molestias nos isquiotibiales, polo que Luisito decideu deixalo fora da convocatoria

Partido As Pontes-Pontevedra no Poboado a tempada 2013-2014 Diego Torrado

As Pontes e Pontevedra adiantan ao sábado (18:00 horas) no Poboado, o seu partido de liga no que ambos buscarán desquitarse dos reveses sufridos na xornada pasada.

Os coruñeses, que caeron de forma contundente en Cerceda, están moi lonxe da posición de aspirantes ao play-off coa que partían antes de comezar a tempada, polo que necesitan gañar para escalar postos. O Pontevedra, pola súa banda, quere os tres puntos para esperar con tranquilidade o que fagan os seus rivais o domingo cunha distancia de cinco puntos sobre os aspirantes a quitarlles o liderado.

O conxunto azul está mostrando unha gran irregularidade no que levamos de liga. Con xogadores de calidade e sobrada experiencia nas súas filas, estase comportando como un equipo con dúas caras. Capaz de doblegar a rivais tan cualificados como Arosa, Choco e Alondras, pero tamén de caer fronte a outros moito máis débiles como Ribadumia ou Silva, ademais de non pasar do empate fronte Barbadás, Laracha, en O Poboado, ademais de ser un dos dous equipos que non conseguiron derrotar ao colista Bertamiráns.

Si nos fixamos nos antecedentes entre ambos equipos, os números recentes non poden ser máis favorables aos granates, que gañaron os seis últimos partidos disputados nas tres últimas tempadas. Pero claro que iso non é máis que estatística, da que non se fía un Luisito que sabe perfectamente que terá en fronte un rival confeccionado para estar pelexando polos postos de play-off, como o fixo a pasada campaña, na que quedou fóra na última xornada.

Dirixirá o partido o colexiado Joaquín Ventoso Noal (Santiago), auxiliado nas bandas por Alberto Zas Varela e Pedro Mirazo Insua.

Os granates teñen as baixas de Fran Fandiño, que segue lesionado, e David Feito, por acumulación de amoestacións. Ademais, Capi está con molestias nos isquiotibiales, que tamén afectaron durante a semana a Kevin Presa.

Dese modo Luisito tivo que realizar un único descarte ao finalizar o último ensaio semanal, realizado na tarde deste venres no sintético da Xunqueira, optando por prescindir de Capi, ante esas molestias citadas, ademais do golpe sufrido no nariz fronte ao Bouzas.

Polo tanto, a lista de xogadores que se desprazan ata As Pontes fórmana: Edu, Lloves, Adrián, Pablo, Capi, Campillo, Anxo, Tubo, Pedro García, Kevin Presa, Jacobo, Mouriño, Tomás, Centrón, Benja, Pablo Carnero e Jorge.