O Teucro quere celebrar coa súa afección a boa marcha do equipo, especialmente tras o importante triunfo da pasada semana ante o Maristas Algemesí. Pero sabe que, de cara ao próximo partido, teñen un hándicap importante: o entroido.
O seu duelo contra o BM Torrelavega, correspondente á décimo oitava xornada de liga, está programado para o sábado 14 de febreiro, a partir das 20.00 horas. ÿ o mesmo día -aínda que unhas horas máis tarde- do tradicional desfile de Entroido en Pontevedra.
Había que buscar un incentivo e, dende a directiva do club, queren animar a que o público acuda ao Pavillón dos Deportes disfrazado. De aí que, todos os que acudan con algún disfraz poderán presenciar o partido de forma gratuíta. Non terán que pagar entrada ningunha.
O equipo de Quique Domínguez quere seguir dando pasos na busca do ascenso á Liga Asobal, e para iso saben que necesitan o apoio da afección partido tras partido. Haberá que ver agora se os pontevedreses responden a este chamamento 'carnavaleiro'.