As mellores traiñeiras de España reúnense en Bueu durante un día

Bueu
24 de agosto 2019

Entre os participantes na cita atopáronse 12 embarcacións procedentes do País Vasco, pertencentes á reputada Liga Eusko Label, máxima competición de traiñeiras a nivel estatal

Segunda edición da Bandeira Concello de Bueu coas mellores traiñeiras de España Diego Torrado

As mellores traiñeiras de España reuníronse, este sábado, nas augas de Bueu. E é que a localidade do Morrazo acolleu a segunda edición da Bandeira do Concello de Bueu, algo que non facía desde o pasado ano 2014.

Entre os participantes na cita atopáronse 12 embarcacións procedentes do País Vasco, pertencentes á reputada Liga Eusko Label, máxima competición de traiñeiras a nivel estatal.

O percorrido realizouse mediante un sistema en liña composto por un total de 5.556 metros, dispostos fronte ao porto budetense.

As diferentes roldas de participación na proba leváronse a cabo en base á clasificación xeral da liga, polo que na primeira saída situáronse o Estaleiro, o San Pedro, o Lekittarra e, finalmente, o Kaiku. Na segunda fixérono o Cabo, o Ondarroa  Cikautxo, o Urdaibai Avia e o Donostiarra. Finalmente, na terceira e decisiva, foi a quenda do Zierbena Baías de Bizkaia, o Santurtzi, o Hondarribia e o Orio.