En tempo de alerta sanitaria, neste caso polo coronavirus, toda axuda é benvida, e o mundo do deporte non queda atrás.
É o caso da Federación Galega de Balonmán, que estes días cedeu as súas furgonetas para colaborar con programas sociais que están a desenvolver tanto o Concello de Pontevedra como o de Vigo.
Así, na capital provincial, o vehículo federativo pasou de cargar con material deportivo a repartir comida á poboación máis vulnerable. Faio colaborando co programa porta a porta que realiza a concellería de Benestar Social xunto ao Banco de Alimentos.
En total este programa está a asistir a ao redor de 600 persoas na crise sanitaria.
Ademais, en Vigo, outro dos furgóns da Federación Galega empezou a axudar na repartición de material informático destinado a nenos e nenas sen acceso a computadores ou tablets co obxectivo de que poden seguir as súas clases de forma telemática.