O Arxil afunde en Mallorca

Pontevedra
20 de outubro 2024

O conxunto pontevedrés non puido encadear o seu segundo triunfo consecutivo e caeu fronte ao Mallorca Palma, un dos cocos da categoría. Raquel Laneiro foi a mellor visitante con 18 puntos

Partido entre CB Arxil y Real Canoe en el CGTD

O Club Baloncesto Arxil non logrou sumar a súa segunda vitoria esta tempada despois de caer fronte ao Mallorca Palma por 63-53.

E iso que o conxunto pontevedrés realizou un gran inicio de partido da man de Raquel Laneiro, que anotaba dúas triplas consecutivas e un lanzamento de dous co que se puñan 7-8. Nena Trajchevska, tamén desde a liña de tres, fixo o 7-11; Ana Tainta e María España devolveron a igualdade, e Laneiro reapareceu cunha nova tripla que devolvía a vantaxe ao Arxil.

Pero até aí chegou todo. As de Marita Janeiro empezaron a perder balóns e fallar cara ao aro, estando os catro minutos que restaban de primeiro cuarto sen anotar. O Mallorca, en cambio, cunha Eva Cases moi acertada, non perdoou e tomou a dianteira cunha renda de once puntos (34-23).

Tras o paso por vestiarios, a precipitación en ataque foi a tónica e as defensas gañaron a maior parte das accións, pechando o parcial nun empate a 10 (44-33).

Continuou pelexando o equipo pontevedrés durante o último cuarto, pero non conseguiu voltear o resultado. María España (23 puntos), imparable para o Arxil, asinou dez deles de forma consecutiva e Laura Fernández anotou dúas triplas no minuto final que foron insuficientes e cos que só puido maquillar o resultado co que concluíu o encontro (63-53).

Consulta as estatísticas neste enlace