Arranca unha nova tempada de ciclocrós para o Poio Bike Club

Poio
04 de outubro 2024

O Poio Bike Club dará o pistoletazo de saída á nova tempada de ciclocross este domingo en Xixón na Copa de España de Ciclocross, onde participará unha ampla representación de cadetes, júnior, elite e sub-23 do equipo poiense

Presentación do Poio Bike Club Concello de Poio

O Poio Bike Club dará o pistoletazo de saída á nova tempada de ciclocross este domingo en Xixón na Copa de España de Ciclocross, onde participará unha ampla representación de cadetes, júnior, elite e sub-23 do equipo poiense.

Durante a presentación oficial do equipo, celebrada este xoves, o club destacou a intensa programación prevista para este ano, con preto de vinte eventos tanto autonómicos como nacionais e internacionais.

O acto contou coa presenza do alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o concelleiro de Deportes, Cándido Muíños, que aproveitaron a ocasión para desexarlles "os maiores éxitos nesta nova tempada" na que "a canteira volverá ser un referente dentro e fóra do concello".