Arranca en Pontevedra o Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto

Pontevedra
02 de xuño 2024

Arranca en Pontevedra a gran festa do baloncesto feminino coa disputa do Campionato de España Infantil. A fase de grupos celébrase no Pavillón Municipal e nas dúas pistas do Pavillón Multiusos da Xunqueira e os cuartos, semifinal e final no Pavillón Municipal

 

Primeira xornada do Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto no Pavillón Municipal
Primeira xornada do Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto no Pavillón Municipal PontevedraViva

Arrinca en Pontevedra a gran festa do baloncesto feminino coa disputa do Campionato de España Infantil. A fase de grupos celébrase no Pavillón Municipal e nas dúas pistas do Pavillón Multiusos da Xunqueira e os cuartos, semifinal e final no Pavillón Municipal.

Os equipos están divididos en oito grupos de catro equipos cada un, sendo o sistema de competición o mesmo das últimas tempadas. Catro grupos (A, B, C e D) de cabezas de serie con catro participantes e tres pasaportes aos oitavos de final. E outros catro (E, F, G e H) nos que só o líder loitará polo título. Tres días de liga regular e outros catro de eliminatorias directas (oitavos, cuartos, semis e final).

En canto á formación dos grupos, despois do sorteo realizado pola Federación Española han quedado encadrados da seguinte maneira:

  • Grupo A: Sertrans Sant Adrià, Club Náutico Tenerife, El Pilar e Liceo Monjardín
  • Grupo B: Casademont Zaragoza, Barça CBS, Colegio Virgen del Mar e Cafés Candelas Ensino
  • Grupo C: SPAR Gran Canaria, Ricopia Funbal Alcalá, La Salle e Origen Automóviles Gabilondo
  • Grupo D: Movistar Estudiantes, Homs UE Mataró, Valencia Basket e CB Boscos Ciutadella
  • Grupo E: Mercado Central OSB, Náutico Tenerife, 2º País Vasco e CB Las Rozas
  • Grupo F: EM Piélagos, EM El Olivar, Suburbana BF León e CB Albacete
  • Grupo G: Celta Zorka Recalvi, 1º País Vasco, 1º R. Murcia e La Salle
  • Grupo H:  Unibasket, Basquet Coruña Leyma, CB Al-Qázeres ADC e Real Grupo C. Covadonga

Son en total 32 os equipos participantes e máis de 600 as xogadoras que se congregarán ata o 8 de xuño na Boa Vila acompañadas do corpo técnico, familiares e numerosos afeccionados que encherán a cidade dun gran ambiente deportivo. Espérase, de feito, a presenza de máis de 2.000 persoas ao longo de toda a semana.

Nesta ligazón podes consultar o calendario da competición.