A Lomba viviu este domingo un duelo de titáns entre Arosa e UD Ourense, dous vellos coñecidos e riivales directos na pugna polo ascenso de categoría.
Con todo, a pesar de xogarse moito ambos os dous conxuntos, o partido estivo moi trabado e apenas houbo ocasións.
A máis clara, en todo caso, foi para o cadro arlequinado nun man a man de Iñaki co gardameta que acabou en nada.
O equipo visitante, pola contra, non tirou nin unha soa vez con claridade a portaría local e conformouse con manter o marcador a cero para levar un importante empate dun campo sempre difícil.
O seguinte enfrontamento do Arosa, sétimo clasificado, será en casa do Atlético Arteixo, que ocupa a praza 16 da clasificación con catro puntos en sete partidos disputados.