Arosa e Boiro abriron o novo ano na Lomba selando un empate no derbi aprazado polo mal tempo que debía disputarse o pasado 24 de novembro.
Eran favoritos por aquel momento os arlequinados, pero todo quedou en nada tras os últimos empates no seu campo, que frearon a súa escalada ao máis alto dunha clasificación que actualmente ocupa a Unión Deportiva Ourense.
En canto ao enfrontamento, púxose costa arriba desde moi cedo para o equipo adestrado por Míchel Alonso, que viu como no primeiro achegamento do Boiro, no minuto 2, Dani Pedrosa adiantaba ao seu equipo tras aparecer no segundo pau e rematar de primeiras un saque de esquina.
Tentou o cadro local voltear o resultado, pero non foi até despois do paso polos vestiarios cando o logrou.
Tamén cun gol temperán, esta vez en apenas seis minutos do segundo tempo, un penalti cometido sobre Álex Comparada el mesmo encargouse de transformar para devolver as táboas ao marcador.
Todo podía pasar no devir do encontro e ambos os conxuntos puideron levar o triunfo, pero finalmente tiveron que conformarse cun empate que sabe a pouco, especialmente ao Arosa.
A unha xornada para o final da primeira volta, o Arosa mantense en segunda praza, a catro puntos da UD Ourense, que mantén o liderado.
Consulta a acta do partido neste enlace