O Arosa segue voando alto mentres o Villalonga toca fondo

O Salnés
13 de outubro 2024

O Arosa continúa a súa escalada na clasificación tras un vibrante triunfo ante o Betanzos. Mentres tanto, o Villalonga segue sumido na zona baixa tras caer derrotado na súa visita ao Villalbés

Partido entre Betanzos e Arosa Arosa SC

O Arosa continúa a súa escalada na clasificación tras un vibrante triunfo ante o Betanzos, onde cinco goles en 13 minutos puxeron a proba os corazóns dos afeccionados. Mentres tanto, o Villalonga segue sumido na zona baixa tras caer derrotado na súa visita ao Villalbés.

BETANZOS 2-3 AROSA

O partido entre Arosa e Betanzos deste domingo foi un auténtico espectáculo. Nun encontro de ida e volta, o cinco goles concentráronse nun lapso de 13 minutos, deixando os afeccionados profundamente decepcionados.

Luís Castro e Pacheco adiantaron ao equipo arlequinado nos minutos 12 e 15, respectivamente, pero cadro local reaccionou ao instante cun tanto de Dani Pájaro que puña o 1-2.

Romay, dous minutos despois, puxo terra polo medio co 1-3, e Juan Lado anotou o 2-3 que finalizaba este ritmo frenético.

Na segunda parte o Arosa aguantou os intentos do Betanzos de remontar, e levou os tres puntos a Vilagarcía e así meter presión na zona media da táboa.

Consulta a acta neste enlace

RC VILLALBÉS 2-0 VILLALONGA FC

O Villalonga sumou este sábado unha nova derrota en Terceira RFEF ao perder por 2-0 fronte ao Racing Club Villalbés.

O conxunto celeste competiu durante os primeiros minutos do partido, pero pronto desconectou, cedendo por completo o control a un equipo que é un dos favoritos para regresar a Segunda RFEF.

O certo é que, a pesar de dominar o ritmo e a posesión, ao Villalbés custoulle abrir a lata, e non foi até o último minuto do primeiro tempo cando subiu o 1-0 ao luminoso por medio de Martín Da Lama.

Despois do paso polos vestiarios todo foi carne sen ósos para o equipo local, que apenas sufriu en defensa e ampliou a vantaxe pasada a hora de xogo cun gol de Asier Burundarena.

Con esta derrota, o Villalonga continúa pechacancelas de Terceira RFEF con tan só tres puntos no seu marcador.

Consulta a acta neste enlace