A Copa da Raíña terá que esperar para o Poio Pescamar, tras o gromo de covid detectado no seu rival nos oitavos de final, o Sala Zaragoza.
As vermellas debían de enfrontarse ao cadro maño o vindeiro domingo 9 de xaneiro (12.00 horas) en Zaragoza, cun billete para a fase final do Torneo do K.O. en xogo, pero o Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol aceptou a solicitude de aprazamento presentado polas aragonesas.
Esa petición cursouse tras detectarse cinco positivos por coronavirus na rolda de test realizada a plantel e corpo técnico no regreso aos adestramentos, dos que 4 infeccións correspondían a xogadoras. O Poio Pescamar pola súa banda superara o trámite sen detectar contaxios.
Foi o propio Salga Zaragoza o que confirmou o aprazamento da eliminatoria recibido o OK de Competición, movendo o encontro a unha data que aínda debe determinarse "tan pronto como se dean as circunstancias que permitan a súa disputa".
COMUNICADO | A causa de los positivos detectados en nuestra plantilla, el Juez de Competición ha resuelto aplazar el Sala Zaragoza-Poio Pescamar, previsto para el 9/01/22, a una nueva fecha que se determinará tan pronto como se den las circunstancias que permitan su disputa pic.twitter.com/4YVmcS7cTz
— Sala Zaragoza (@SalaZaragoza) January 6, 2022