O Sala Zaragoza pide aprazar o seu partido de Copa contra o Poio Pescamar ao detectar 5 casos de covid
Por Diego Espiño
O partido de oitavos de final da Copa da Raíña que debe enfrontar ao Poio Pescamar co Sala Zaragoza, actual décimo clasificado en liga na Primeira División, está no aire tras a rolda de test de covid realizada ás xogadoras de ambos os dous planteis.
Mentres as vermellas superaron sen contratempos o trámite este luns antes de regresar aos adestramentos, o seu rival copeiro detectou 4 casos positivos en coronavirus de xogadoras e un máis no seu corpo técnico.
Esa situación levoulle a solicitar formalmente ao Comité de Competición o aprazamento do encontro que debía disputarse o vindeiro domingo 9 de xaneiro (12.00 horas) na capital maña, cun billete para a fase final do torneo en xogo.
COMUNICADO | Solicitud de aplazamiento del partido de Copa de la Reina
— Sala Zaragoza (@SalaZaragoza) January 4, 2022
https://t.co/8SmANfUiRw#SalaZaragoza pic.twitter.com/ZCSWePqzLn
SEN POSITIVOS NO MARÍN FUTSAL
Tamén o Marín Futsal volveu ao traballo coa mente posta na Copa da Raíña.
O conxunto adestrado por Raúl Jiménez debe enfrontarse o vindeiro sábado 8 (12.30 horas) en terras catalás ao CD La Concordia, equipo da Segunda División.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar xogarase o pase a cuartos de final da Copa o domingo de Carnaval
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar dáse un festín para estrear o ano con vitoria sobre o Sala Zaragoza (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Aprazado o partido de 1/8 de Copa do Poio Pescamar polo gromo de covid do seu rival, o Sala Zaragoza
Por Redacción |
-
Onda de aprazamentos pola pandemia no deporte comarcal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar toma vantaxe na ida da semifinal da Copa Galicia (1-2)
Por Redacción |
-
Sorte dispar para Poio Pescamar e Marín Futsal no sorteo de 1/8 de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |