A posta a punto da piscina olímpica de Ponte Muíños comezou.
A Fundación Rías do Sur iniciou os traballos de adecuación das instalacións tras o auto xudicial que lle permite facerse cargo da súa reapertura e coa intención de poder levala a cabo canto antes.
Neste sentido a Fundación comezou coas tarefas de mantemento do vaso de 25 metros, que se atopaba en mellor estado e practicamente cheo, e que será o que se poña ao dispor dos deportistas previsiblemente a mediados do próximos mes de setembro, segundo adiantou o presidente da Fundación, Héctor Vilariño, ao valorar a resolución xudicial.
Paralelamente completouse tamén o baleirado do vaso da piscina olímpica, que se atopaba bastante deteriorado e coa auga completamente de cor verde debido ao mal estado dos sistemas de filtrado ou dos equipos de climatización.
Unha vez sen auga, a Fundación Rías do Sur ten previsto acometer nos próximos traballos de mantemento para que cando pase a situación actual de prealerta por seca poder volver encher a piscina e completar a reapertura dunha instalación básica para o deporte pontevedrés.