Antonio Pantín lidera ao Marín Peixe Galego na súa vitoria (87-72) ante Simply Olivar

Marín
25 de outubro 2015

Clave no triunfo marinense foi a actuación do seu pivote mallorquino, Antonio Pantín, que realizou un partido case perfecto de cara ao aro contrario, con só dous erros no lanzamento e un fantástico 6 de 7 nos tiros de dous, e a mesma estatística nos tiros libres, ademais de achegar 12 rebotes (4 en ataque) para un extraordinario 30 de valoración

Darío Suárez no partido entre Peixe Galego e Lucentum Diego Torrado

Sufriu o Marín Peixe Galego para desfacerse do equipo zaragozano do Simply Olivar. Os de Javier Llorente deberon esperar ao último cuarto para certificar unha vitoria máis traballada do que indica o marcador final.

Clave no triunfo marinense foi a actuación do seu pivote mallorquino, Antonio Pantín, que realizou un partido case perfecto de cara ao aro contrario, con só dous erros no lanzamento e un fantástico 6 de 7 nos tiros de dous, e a mesma estatística nos tiros libres, ademais de achegar 12 rebotes (4 en ataque) para un extraordinario 30 de valoración.

Os marineses dominaron por escasa marxe os dous primeiros parciais (22-21 e 24-19) para marcharse ao descanso con seis puntos de vantaxe, pero ao regreso de vestiarios o equipo maño recortaba (16-18) para poñerse só a catro puntos. Sería entón cando o Peixe sacou o seu mellor cara para asinar un convincente 25-14 e levar o partido a ese 87-72 final que deixa ao Marín na zona media da táboa, con dúas vitorias e outras tantas derrotas.

Consulta aquí as estatísticas completas do partido.