Antonio Fernández, tras o empate en Ponteareas: "Non estivemos acertados"

Pontevedra
14 de agosto 2022

O empate sen goles contra o Juvenil de Ponteareas e a falta de acerto para portería segue sendo algo sen importancia para Antonio Fernández, que valora "repartir minutos" entre os seus xogadores e o "tema condicional antes que o resultado"

Antonio Fernández, no partido de pretempada entre Pontevedra CF e Celta B en Baltar Cristina Saiz

O empate sen goles contra o Juvenil de Ponteareas e a falta de acerto para portería segue sendo algo sen importancia para Antonio Fernández, que valora "repartir minutos" entre os seus xogadores e o "tema condicional antes que o resultado".

"Contento co traballo" e consciente de que "todo o mundo quere gañar", Fernández prefire eloxiar o nivel mostrado polo rival, que "se dedicou a defender durante todo o partido e non atopamos a maneira de materializar as innumerables ocasións que tivemos". O Juvenil foi "un equipo ordenado que defendeu nun repligue intensivo durante todo o partido; non atopamos a maneira de abrir portería", explica. 

"Satisfeito" en relación aos partidos disputados ata o momento, aínda que "están a ser de maior a menor dificultade e pouca valoración podo facer", o técnico granate destaca que os seus xogadores "competiron en todos os partidos moi ben e os fundamentos que collemos e adquirimos son os que me valen como adestrador", asegura.

De feito, é consciente de que o equipo tivo moitas ocasións na tarde do sábado "pero non estivemos atinados". Defende que "non é falta de actitude, o equipo correu, fixo un bo traballo e o gol é unha consecuencia de acerto e bos centros. Creo que había moita xente rival na área e iso complicounos".

Ademais, debido ás ausencias de Álex González, "cun problema na coxa"; de Seo, que está "no seu proceso de recuperación"; de Samu Araújo, "que tivo un problema nun adestramento"; e de Churre, "que está ben", Antonio Fernández decidiu probar cousas novas e cambiar de táctica en innumerables ocasións.

Iso si, o que non variou foi Derik Osede, que xogou os 90 minutos e "que aguantou e véselle que está ben". Confesa o adestrador que "seguiremos vendo e valorando que nivel pode dar. A decisión non está tomada".

Independentemente diso, a intención de Fernández é que todos os seus xogadores "cheguen o mellor posible" e que "ningún chegue xusto ao comezo de liga". Quere que os lesionados "recupérense ben e non cometer riscos", confirma.