Antonio Fernández, novo adestrador do Pontevedra

Pontevedra
06 de xullo 2022

O club granate presentará este mércores no Estadio Municipal de Pasarón ao seu novo adestrador, ex-xogador do club e que as últimas tempadas dirixiu ao San Roque de Lepe

Antonio Fernández, na súa etapa no Vilalonga Diego Torrado

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten adestrador, e será un home case da casa.

Trátase de Antonio Fernández Rivadulla, ex-xogador granate na campaña 2011/2012, veciño da cidade e adestrador de equipos da zona como Vilalonga e Alondras antes de facer as maletas rumbo a Andalucía.

As últimas tres tempadas dirixiu ao San Roque de Lepe, logrando o ascenso na segunda delas á Segunda RFEF e logrando unha meritoria sexta posición en liga.

O novo técnico granate asina por unha tempada tras alcanzar ambos os clubs un acordo para o traspaso dos seus dereitos federativos.

Antonio será presentada este mesmo mércores, ás 17.00 horas, no Estadio Municipal de Pasarón.