Antía Pérez e Caridad, do Poio Pescamar, citadas pola Selección Española Sub-21

Poio
03 de decembro 2020

Pola súa banda a pontevedresa Jenny Lores foi convocada polo combinado nacional absoluto. Todas elas participarán nunha concentración de adestramento en Las Rozas

Antía Pérez nun adestramento do Poio Pescamar Mónica Patxot

O Poio Pescamar afíxose a aparecer nas convocatorias da Selección Española de fútbol sala. Non o fixo nesta ocasión na absoluta, pero si na Sub-21.

Dúas futbolistas do cadro vermello foron citadas a unha concentración preparatoria que levará a cabo do 13 ao 15 de decembro en Las Rozas.

Trátase da gardameta Caridad e da pivote Antía Pérez. O caso desta última supón ademais unha alegría dobre, despois as dúas difíciles tempadas que afrontou desde a súa chegada ao club, con senllas lesións graves de xeonllo.

A concentración vai desenvolverse en modo 'burbulla' conxuntamente coa da Selección Absoluta, contra a que disputarán un amigable o 15 de decembro antes de que as xogadoras regresen cos seus respectivos clubs.

Na convocatoria da Selección Española Absoluta, aínda que sen futbolistas do Poio, si haberá representación pontevedresa grazas a Jenny Lores, actualmente nas filas do Ourense Envialia, e Nere Moldes, do Alcorcón.