Antía Jácome, piragüista olímpica e community manager do COE por un día

Pontevedra
11 de maio 2022

A padeeira pontevedresa está concentrada co equipo nacional no balneario ourensán de Laias, desde alí compartiu a través da conta oficial de Instagram do COE a súa rutina de traballo do día

Antía Jácome, nos Xogos Olímpicos de Tokyo Comité Olímpico Español

Antía Jácome non é só o futuro do piragüismo olímpico español, tamén é presente. Proba diso é que o COE, aproveitando a concentración do equipo nacional no balneario de Laias, entregoulle o móbil da entidade para que exerza durante un día como  community  manager e mostre a todos os seguidores como é a rutina diaria de traballo dunha deportista olímpica. 

Desde primeira hora da mañá e despois de presentarse como nova encargada das redes sociais do Comité Olímpico Español, Jácome comezou a subir "stories" de cada un dos acontecementos da súa axenda diaria. Empezou presumindo de "oficina" cunha panorámica das vistas que ofrece o balneario de Laias desde a súa habitación.

A continuación, compartiu o cátering do almorzo para desprazarse despois á sala de quecemento cos seus compañeiros. Minutos máis tarde, chegou o momento de saír ao río para remar e, ao finalizar a sesión, media hora de carreira acompañada polas súas compañeiras de selección. 

Así rematou unha mañá de traballo que, despois de comer, continuará cunha última rolda de adestramento no ximnasio que poñerá fin ao primeiro día da piragüista olímpica Antía Jácome como  community  manager por un día do COE.