Estrea prometedora para a armada do piragüismo pontevedrés no Campionato de Europa de Sprint Olímpico que arrincou este xoves na localidade húngara de Szeged.
Un bo número de deportistas pontevedrés avanzaron ás finais e por tanto á pelexa polas medallas, con especial protagonismo na canoa.
Antía Jácome liderou estes resultados ao debutar con vitoria na súa serie dos C-1 200 avanzando directamente á final e demostrando que é unha das favoritas ao ouro, nunha cita que serve ademais como preparación para o gran reto dos Xogos Olímpicos.
Manuel Fontán e Adrián Sieiro (O Muíño) asinaron pola súa banda un segundo posto na súa serie do C-2 200, clasificándose para a final.
Mesma sorte correron Martín Jácome (EP Ciudad de Pontevedra) e Noel Domínguez (Breogán) no C-2 1.000 metros, así como o cangués Pablo Graña ao dominar o C-1 200 masculino.
O Europeo Sprint de Piragüismo disputarase en Szeged ata o vindeiro domingo 16 de xuño.