Anna Serrallonga e Antonio Martínez conseguen a primera proba do Campionato de España de Orientación

Pontevedra
26 de marzo 2016

Este sábado 26 van realizarse dúas probas: a de relevos no monte Acibal e o Sprint que terá lugar no casco histórico da cidade do Lérez

Primeiro día do Campionato de España de Orientación 2016 Noel Queipo

Este xoves daba comezo o Campionato de España de Orientación (CEO 2016) en Pontevedra. A recepción dos atletas orientadores estivo aberta durante toda a xornada no Concello de Pontevedra onde os deportistas recollían dorsais e confirmaban o seu asisitencia. Tamén puideron realizar o a Model Event (ou carreira modelo), un pequeno acontecemento no que se facilita ao corredor un mapa dunha zona fóra de competición (neste caso o Lago Castiñeiras) e onde poden practicar e facer unha primeira toma de contacto co tipo de orografía da zona.

O venres comezou a competición oficial coa primeira proba puntuable, ás 9 da mañá se en o monte de Moscoso (en Pazos de Borbén). A modalidade de maior percorrido (denominada Longa Distancia) conta con ata 10 Km divididos en ata 21 puntos de control (en categoría Elite). Esta primeira carreira contou con ao redor de 1300 corredores distribuídos en máis 20 categorías.

A entrega de premios celebrábase na praza do concello de Pazos de Borbén con gran cantidade de público. En categoría elite masculino o gañador foi Antonio Martínez Pérez, segundo Eduardo Gil Marcos e terceiro Roger Casal Fernández. En elite feminino a gañadora foi Anna Serrallonga Arqués, segunda Ona Ràfols Perramon e terceira Amparo Gil Brotons. (Máis resultados: http://www.fedo.org/web/competicion/o­pé/resultados ).

A choiva non impediu que pola tarde os deportistas participasen na proba de O-­Precisión, unha modalidade na que se pon a proba as habilidades máis técnicas do orientador e que esta adaptada tamén a atletas paralímpicos. Esta disciplina tivo lugar no Lago Castiñeiras.

En pleno desenvolvemento do campionato, este sábado 26 realizaranse dúas probas: a de "relevos" no monte Acibal e o Sprint que terá lugar no centro histórico da cidade do Lérez. O domingo pecharase a competición coa proba de Media Distancia nos arredores do monte Siradella (O Grove).