Animada xornada de supercrós en Vilagarcía coa disputa da Dagan Cup

O Salnés
25 de maio 2015

Un total de 71 pilotos de diferentes categorías déronse cita no circuíto de Alda para gozar da terceira cita puntuable desta competición de ámbito autonómico

Dagan Cup de Supercrós en Vilagarcía

O Circuíto Alda de Vilagarcía acolleu a pasado fin de semana unha animada xornada de motociclismo coa disputa da Dagan Cup de Supercrós.

A de Vilagarcía foi a terceira proba puntuable deste competición de ámbito autonómico que pretende ofrecer oportunidade aos amantes deste deporte de afrontar sen riscos xornadas para demostrar as súas habilidades.

Déronse cita na proba un total de 71 pilotos nas diferentes categorías, dende alevín de 50 e 65 cc pasando por categoría Promesas, Promoción e Elite.

Na máxima categoría impúxose o líder da Dagan Cup, Joel Antón, por diante de Ricardo Costas e Óscar Barciela.

Pola súa banda Nicolás Soutullo gañou en alevíns, Caetano Horta en promesas, José Antonio Albitres en categoría hobby, Victor Rey en promoción e Tony Karra en veteranos.