Ania Setién e Gabriel Fernández, convocados pola selección nacional júnior para competir no Europeo

Pontevedra
28 de setembro 2020

Os dous deportistas do Bádminton Ravachol Pontevedra participarán no Campionato de Europa Júnior que se celebrará en Lahti (Finlandia) entre o 29 de outubro e o 7 de novembro

Gabriel Fernández e Ania Setién, xogadores do Bádminton Ravachol Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra estará presente no próximo Campionato de Europa Júnior, que se celebrará entre o 19 de outubro e o 7 de novembro na localidade finlandesa de Lahti.

Dous dos seus deportistas, xogadores do primeiro equipo como son Ania Setién e Gabriel Fernández, foron convocados pola Selección Española da categoría para participar no este torneo, referendando desta maneira o traballo de formación que veñen realizando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ás ordes de Rafael Vázquez.

Tanto Setién como Fernández acudirán á cita, segundo o Ravachol, co obxectivo de pelexar polas medallas ante algunhas das mellores raquetas do continente.

A competición por equipos será a que de inicio ao Europeo, entre o 9 de outubro e o 2 de novembro, nun torneo no que ademais dos xogadores do Ravachol haberá con outros dous galegos no equipo nacional de 12 integrantes, Jacobo Fernández e Lucía Rodríguez.

O mesmo día 2, e ata o 7, tomará a testemuña o torneo individual.

Gabriel Fernández e Ania Setién teñen previsto participar nas modalidade individual e tamén no dobres.