Ángel Rodríguez, novo adestrador do Pontevedra

Pontevedra
11 de xullo 2021

Terminouse a espera. A dúas semanas de que empece a pretemporada, o Pontevedra Club de Fútbol xa confirmou quen será o seu novo adestrador. O elixido pola directiva para levar as rendas do banco granate durante a tempada en 2ª RFEF será o leonés Ángel Rodríguez Nebreda, ex da UP Langreo

Ángel Rodríguez, novo adestrador do Pontevedra Pontevedra CF

Terminouse a espera. A dúas semanas de que empece a pretemporada, o Pontevedra Club de Fútbol xa confirmou quen será o seu novo adestrador.

O elixido pola directiva para levar as rendas do banco granate durante a tempada en 2ª RFEF será o leonés Ángel Rodríguez Nebreda, ex da UP Langreo.

A través das redes sociais, o Pontevedra CF confirmou a chegada do novo míster, que asinou, nun principio, por unha tempada. 

O novo adestrador do club granate iniciou a súa carreira en Segunda División co Vilarreal B na campaña 2009-2010, axudando a Paco Herrera. As tres tempadas seguintes acompañouno na andaina do Celta de Vigo en Primeira División, para despois irse ás Palmas, onde coincidiu con Toni Otero.

Na tempada 2016-2017 seguiu a Herrera para ocupar o posto de segundo adestrador no Valladolid. Alí buscaron o ascenso do equipo á máxima categoría pero non foron capaces de clasificarse para o play-off.

Ao ano seguinte, Herrera e Rodríguez tomaron a testemuña do Gijón (2017-2018) e, posteriormente, das Palmas (2018-19).

A pesar de todo, como primeiro adestrador estivo a cargo do banco do Langreo na pasada tempada (2020-2021) na que o equipo militou en Segunda División B.