O cambio no banco do Pontevedra Club de Fútbol é xa un feito.
Máis dun mes despois de que se dese por finalizada a tempada co ascenso a Primeira RFEF, Ángel Rodríguez fai oficialmente as maletas cara a un novo destino.
Foi precisamente o seu novo equipo, o Hércules de Alicante, o que confirmou a contratación do técnico, sen que o club pontevedrés se teña pronunciado aínda sobre o seu futuro inmerso no silencio institucional decretado tras acabar a tempada..
— Hércules CF (@cfhercules) June 21, 2022
nuevo entrenador del Hércules CF para la temporada 2022/23
Benvingut, Ángel!
https://t.co/JLFjNdbUAP
#MachoHércules pic.twitter.com/qU7tTcQUXG
Ángel Rodríguez comprométese coa entidade alacantina por unha tempada con opción a unha segunda, asumindo o reto de repetir o conseguido no Estadio Municipal de Pasarón, xa que competirá na Segunda RFEF co obxectivo de conseguir o ascenso de categoría.
A pesar do seu bo papel no banco granate, cumprindo o obxectivo para o que foi contratado, e tras a finalización da tempada, os días e as semanas foron pasando sen contactos entre a cúpula do Pontevedra e o que foi o seu adestrador o último curso. As conversacións tiveron finalmente lugar hai escasamente unha semana, pero sen chegar a bo porto.
Agora o Pontevedra deberá buscar a un novo capitán de nave para o seu proxecto en Primeira RFEF.