Despois da vitoria con remontada incluída do Pontevedra CF na súa visita ao Langreo, Ángel Rodríguez analizou en rolda de prensa a actuación do equipo facendo especial fincapé no goleador Charles e en Yelko Pino.
O gol do Langreo cando corría o minuto oito foi "un aviso importante de lo que iba a ser el partido", explicou o técnico granate, que confesou que os seus xogadores empezaron o partido "algo despistados ante un rival que nunca da el partido por perdido".
E é verdade que co marcador en contra o Pontevedra deu un paso adiante para facerse dominador do esférico aínda que sen estar acertado nos últimos metros, pero o equipo granate ten nas súas filas a un xogador como é Charles "es diferente a los de toda la categoría y nos está dando muchos puntos", confesou Anxo Rodríguez.
Ademais, o técnico do Pontevedra tamén tivo boas palabras para Yelko Pino e recoñeceu que se trata de "un jugador que tira del equipo y con su espíritu arrastra al grupo".
Pola súa banda, Samuel Baños, adestrador do Langreo, explicou que por mor da expulsión de Churre "o partido cambiou e tentamos manternos no partido ata o final", que se decidiu en "jugadas aisladas" con "Charles marcando la diferencia en la categoría".