Ángel López, pentamedallista no Campionato de Europa de Taekwondo-Praia

Pontevedra
09 de abril 2019

O deportista do Mace Sport subiu en 5 ocasións ao podio na competición celebrada en Turquía, mentres que Marcos Silva sumou unha medalla de bronce

Deportistas do Mace Sport no Campionato de Europa de Taekwondo Praia Mace Sport

O Mace Sport pontevedrés regresou con bo sabor de boca do Campionato de Europa de Taekwondo Praia de Técnica e Freestyle celebrado en Turquía.

Con nome propio brillou o seu deportista Ángel López Ventín, ao subir ata en cinco ocasiones ao podio.

Dúas desas medallas foron de prata, nas modalidades de 'spinning kick' e 'dinamic kicks and freestyle breaking'. Ademais conseguiu o bronce en freestyle +18, 'breaking' e 'jumping multiple kick'.

"Vou contento co resultado e co traballo que levei a cabo", sinalou o pontevedrés tras a competición.

Ademais o Mace Sport sumou outro metal na competición continental grazas a Marcos Silva, en quinteto freestyle ao ser bronce xunto a Samuel Alves, Tomás Fernández, Celia García e Laura Vázquez.