O Peixe Galego segue en plena construción para militar este curso na liga EBA. A tempada pasada asinaron un impecable ascenso á categoría polo que agora a directiva atópase confeccionando o persoal coa que buscarán seguir escalando posicións.
Pablo Castro foi a primeira peza do novo proxecto do equipo marinense, ao que agora se suma o base Andrés Santiago. Militou a pasada campaña nel Ejido e regresa ao club que lle viu crecer para seguir facendo historia.
Canteirán do Peixe Galego, xogou tres tempadas coa escuadra morracense en Liga EBA e foi campión nas categorías basee do equipo. Ademais, o ano pasado anotou unha media de 8,5 puntos por partido, cinco asistencias e catro rebotes.
O equipo comezará a pretemporada a próxima semana da man de Iván Villaverde, polo que, nas próximas datas, seguirán anunciando fichaxes e renovacións que farán soñar ao público da Raña.