Andaluces, estremeños, leoneses, madrileños e o Ceuta, rivais do Pontevedra para a liga de Primeira RFEF

Pontevedra
20 de xuño 2022

A repartición de grupos foi decidido mediante votación dos 40 clubs da categoría, saíndo escollida a opción contraria á preferida a priori pola contorna granate, que deberá realizar longos desprazamentos

Configuración do Grupo I da Primeira RFEF no que competirá o Pontevedra CF RFEF

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rivais para a súa estrea na Primeira RFEF, tras a repartición provisional efectuada pola Real Federación Española de Fútbol este luns sometendo a votación ante os clubs dúas propostas.

A que recibiu máis apoios foi unha división en diagonal este/oeste, que deixou encadrado ao equipo granate co resto de galegos pero tamén con equipos leoneses, madrileños, estremeños, andaluces e o Ceuta.

En concreto o Grupo I da Primeira RFEF estará composto polo propio Pontevedra CF, Celta B, RC Deportivo, Racing de Ferrol, Unionistas de Salamanca, Cultural Leonesa, Real Madrid Castilla, Alcorcón, Fuenlabrada, DUX Internacional de Madrid, UD Sanse, Rayo Majadahonda, Mérida, Badajoz, Ceuta, Córdoba, Linares, San Fernando, Algeciras e Balompédica Linense.

Pola súa banda no Grupo II xogarán os equipos cataláns (Barcelona B, Sabadell, Cornellà, Nàstic de Tarragona), valencianos (Castellón, Alcoyano, La Nucía, Intercity, Eldense), murcianos (Real Murcia), baleares (Atlético Baleares), vascos (Bilbao Athletic, Real Sociedad B, Amorebieta, Real Unión), rioxanos (SD Logroñés, UD Logroñés, Calahorra), navarros (Osasuna Promesas) e un castelán-leonés (Numancia).

No que respecta á contorna granate, a que a priori se vía como mellor opción era precisamente a outra proposta, que non saíu adiante, e que tería emparellado o Pontevedra cos equipos do País Vasco, A Rioxa e Navarra en lugar dos andaluces, repartindo entre os dous grupos aos equipos madrileños.

O INICIO DE LIGA, O 28 DE AGOSTO

A Real Federación Española de Fútbol confirmou ademais que a liga de Primeira RFEF dará comezo o próximo 28 de agosto coa súa primeira xornada e estenderase ata o 25 de xuño, data na que concluirá un play-off de ascenso que recuperará o formato de eliminatorias de ida e volta.

En canto ao resto de datas crave, fixouse unha xornada intersemanal coincidindo co Ponte da Constitución, o 7 de decembro. 

Todo iso, a condición de que tal e como se espera sexa aprobado a próxima semana por parte da Comisión Delegada da Federación.