A piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur está a ser escenario do Campionato de España Infantil de Inverno, organizado polo Concello de Pontevedra, o Club Natación Galaico e a Real Federación Española de Natación (RFEN).
Alí, máis de 450 nadadores e nadadoras de todo o país están a demostrar o seu talento nun evento que está a deixar grandes momentos para a natación nacional.
A competición, que está a servir para que varios nadadores consigan marcas de referencia para o Festival Olímpico de la Juventud Europea (FOJE), comezou este xoves e estenderase até o vindeiro domingo 16 de marzo en sesións de mañá e tarde.
En canto á clasificación xeral, na categoría masculina o Gredos San Diego lidera a táboa, mentres que na categoría feminina mantense un empate entre o Gredos San Diego e o Sant Andreu.
A loita polos postos de honra segue aberta, polo que se espera máxima emoción nas xornadas restantes.
Pola súa banda, os clubs galegos tamén están a deixar a súa pegada na competición, cun total de 11 finais até o momento, destacando a medalla de prata conseguida por Nicolás Astigarrabia, deportista do Club Marina Ferrol, nos 50 metros braza.
Desde o club pontevedrés que o ambiente nas bancadas é "inmellorable" e o público está totalmente entregado.