Adrián Sieiro consegue dous primeiros postos na Copa de España Sprint de piragüismo

Pontevedra
17 de abril 2023

A pasada fin de semana o embalse avilesino de Trasona acolleu unha competición nacional na que o piragüismo galego deixou unha gran imaxe co máximo número de participantes e o podio en varias categorías femininas e masculinas

Adrián Sieiro e Pablo Graña na categoría de C1 200 metros Federación Galega de Piragüismo

O piragüismo pontevedrés volve alcanzar grandes resultados. Esta fin de semana celebrouse no encoro avilesino de Trasona a 1ª Copa de España Sprint 2023 na que participaron máis de 450 deportistas do territorio español.

O Kayak Tudense terminou en sexto lugar, o E.P. Ciudad de Pontevedra quedou sétimo e o Náutico Firreteoitavo.

Adrían Sieiro, o piragüista pontevedrés do Náutico O Muiño, gañou a medalla de ourono C1 500 metros que lle dá a clasificación para os xogos europeos. Nesta mesma proba, Diego Domínguez, do Breogán, finalizou en terceiro lugar.

Ademais, Sieiro logrou o ouro na final de C2 200 metros xunto ao seu compañeiro Manuel Fontán, e o bronce na final de C1 200, onde a victoria caeu nas mans de Pablo Graña, do Náutico Rodeira.

En categoría Júnior, Pedro Torrado conseguiu dous ouros e un bronce selando a clasificación internacional despois de gañar a final de C1 500 metros

Tamén hai que destacar o primeiro posto dos irmáns Domínguez no C2 1000 metros e as medallas de ouro de Sara Ouzande tanto no K1 200 metros como no K2 200 metros xunto a Teresa Portela