O Pontevedra Club de Fútbol mira xa cara á primeira xornada de liga, a que lle medirá o vindeiro domingo 1 de setembro (19.00 horas) ao Real Valladolid Promesas no Estadio Municipal de Pasarón.
O club granate puxo á venda as localidades para este encontro, e fíxoo cunha lixeira variación con respecto ao custo da entrada xeral de público do último ano.
A pasada temporadael prezo das entradas apenas sufriu cambios, máis aló dalgunha promoción puntual para abonados, estando fixadas tanto en liga como no play-off de ascenso en 10 euros nos fondos, 15 euros en Preferencia e 20 en Tribuna.
Con todo a lo menos para o primeiro encontro do curso 24/25 soben as localidades de Fondo Norte e Fondo Sur ata os 12 euros. Tamén o fan ademais as entradas destinadas ao público xuvenil, entre o 7 e os 17 anos, que asan a custar 10 euros tanto nos fiondos como en Preferencia (antes o prezo dos fondos e en ocasións de Preferencia era de 8 euros).
Iso si, para os afeccionados de entre 12 e 25 anos segue existindo a posibilidade de apuntarse á Bancada Granate (preferencia inferior) por un prezo de 5 euros o partido.
As localidades para o partido fronte ao Real Valladolid Promesas están desde este luns 26 á venda nas oficinas de Pasarón, ademais de en a páxina web do club granate.