A campaña de socios do Pontevedra Club de Fútbol para a tempada 23-24 avanza, aínda que o fai aínda a un ritmo moderado á espera da habitual arrancada que se adoita producir nos días previos ao comezo do campionato.
Segundo datos do club granate, pasouse da cifra do milleiro de abonos retirados, dos que máis de 100 corresponden a novas altas.
ABONADOS | Xa somos mais de socios nesta campaña de abonados
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 4, 2023
Entre eles hai mais de 100 novas altas
Se aínda non renovaches o teu abono podes achegarte ata as oficinas de Pasarón de luns a venres en horario ininterrumpido de 9:00 a 19:00 pic.twitter.com/Qfqf3HewDY
O feito de que non existan este verán amigables programados en Pasarón, como o tradicional Trofeo Luís Otero no que adoitaba visitar a Boa Vila algún equipo de superiolr categoría, debido as obras no céspede do estadio, fai que o ritmo de renovacións e novas altas non sexa polo momento elevado no día a día.
Cabe lembrar que a masa social granate a última tempada era de 2.394 abonados, tal e como recoñeceu nunha comparecencia pública en febreiro a presidenta Lupe Murillo.
Tendo en conta esta cifra máis da metade da masa social debe aínda retirar o seu carné de socio.
Para facilitar este trámite, o Pontevedra habilitou esta semana a opción de realizar os pertinentes trámites en liña, a través da páxina web da entidade.
A campaña de socios para a tempada 23-24 foi presentada o pasado 22 de xuño co lema 'Unha paixón que se contaxia', caracterizada por unha baixada generizada de prezos.