Abrumadora derrota do Peixe ante o Azuqueca, ata esta fin de semana colista dos play-off (77-101)

Marín
23 de marzo 2019

Desta maneira, os pontevedreses complícanse o camino hacia o seu obxectivo, o ascenso a LEB Oro, acercánsose perigosamente á parte baixa da táboa nesta segunda fase de liga

Partido entre o Peixe Galego e o Azuqueca na Raña Diego Torrado

O  Peixe Galego, tras a vitoria da pasada semana ante o Real Murcia, desaproveitou a oportunidade de mellorar a súa situación na táboa de cara aos sete partidos que restan da segunda fase da tempada ao non ser quen de derrotar na Raña ao Basket  Azuqueca. Os alcarreños, pola súa banda, abandonaron o último posto da clasificación.

A pesar de que a priori se esperaba un choque bastante equilibrado, o cadro marinense foi notablemente inferior durante os 40 minutos de xogo. Empezou xa moi forte o equipo de Alcalá de Henares, que aos dez do inicio do mesmo xa dobraban aos locais no marcador (16-32), feito que deixaba claro a estes últimos que quedar cos dous puntos non sería tarefa fácil. Aínda estando máis igualado o segundo cuarto, estes non conseguiron grandes cambios no electrónico (33-52). A falta de esperanza na remontada reinaba na bancada.

A dinámica foi a mesma durante o segundo período. Os do Azuqueca seguiron sendo superiores en todas as facetas e, apoiados en Solarin e Hidalgo (18 puntos cada un), conquistaron A Raña e cun resultado abafador para os anfitrións (77-101) levaron merecidamente os dous puntos a Guadalajara.

Tras a derrota, tócalles agora aos marinenses preparar o encontro da próxima xornada, para o que terán que viaxar á Comunidade Valenciana. Un choque complicado para eles, xa que se enfrontarán ao líder, o HLA Alicante, que empatado co CB Villarobledo.

Consulta as estatísticas do Peixe Galego-Basket Azuqueca.