A voltas, un ano máis, coa distribución dos grupos de Segunda RFEF

Pontevedra
15 de xuño 2023

A Federación Galega de Fútbol sondou aos equipos da comunidade, entre eles o Pontevedra, para coñecer as súas preferencias á hora de distribuír a categoría, para a reunión da Comisión Mixta da categoría prevista en principio para a próxima semana en Madrid. Tres son as propostas máis viables para o Grupo I, entre as que destaca a de manter a configuración da pasada tempada xunto a equipos asturianos, cántabros e castelán-leoneses

Céspede do Estadio Municipal de Pasarón Mónica Patxot

Como cada ano, o quebracabezas que supón a composición da Segunda RFEF ofrece multitude de posibilidades e propostas, que deberán empezar a clarificarse na reunión da Comisión Mixta da categoría prevista inicialmente para a próxima semana en Madrid (aínda non se fixo pública a data do encontro).

Os equipos galegos, entre eles o Pontevedra Club de Fútbol, estarán representados nese encontro pola Real Federación Galega de Fútbol, por iso o organismo autonómico empezou a sondar as preferencias dos clubs de cara á próxima tempada.

Tres parecen as propostas máis viables para a composición do Grupo I, sen descastar por completo outros encaixes, con predilección desde Galicia por manter a distribución do pasado curso ao ser a que menos quilómetros de desprazamentos supoñería.

Esta opción pasaría pola formulación de que os equipos galegos (Pontevedra, Compostela, Ourense CF, Fabril, Coruxo e Racing Villabés) se midan a equipos asturianos (Marino Luanco, Oviedo Vetusta, Covadonga, Real Avilés, Langreo), cántabros (Gimnástica Torrelavega, Rayo Cantabria, Cayón) e castelán-leoneses (Zamora, Guijuelo, Valladolid Promesas, Gimnástica Segoviana) fóra de Numancia e Arandina, máis próximos xeograficamente a Navarra, Rioxa e País Vasco. 

Na segunda das opcións probables os equipos galegos compartirían grupo cos mesmos equipos de Castela-León (Zamora, Guijuelo, Valladolid Promesas, Gimnástica Segoviana) incluíndo na repartición aos conxuntos madrileños (UD Sanse, Unión Adarve, Navalcarnero, Getafe B, CD Ursaria) e aos canarios (UD San Fernando, Mensajero, Atlético El Paso), que en multitude de ocasións terminaron competindo no norte para compartir grupo cos equipos da comunidade madrileña.

Unha última variación, vista tamén en máis dunha ocasión, sería cambiar os tres representantes canarios por equipos castelán-machegos (Talavera, CD Guadalajara, CD Illescas), aínda que iso supoñería deixar o CD Manchego Ciudad Real noutro dos grupos e que coincidisen ata tres equipos descendidos de Primeira RFEF (Pontevedra, Talavera e UD Sanse).

Un encaixe complicado e no que sempre se termina dividindo a algunha comunidade autonóma, coas súas consecuentes queixas á Federación. A solución, en poucos días tras a esperada reunión da Comisión Mixta, aínda que a composición definifiva da Segunda RFEF non quedará aprobada oficialmente ata que se celebra a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol, un conclave que simplemente afai dar validez ao acordado anteriormente na citada comisión.