O Pontevedra CF fixo oficial este domingo a chegada do hispano-brasileiro Dalisson de Almeida e adxudica así a súa última ficha sénior.
O extremo de 23 anos chega procedente do Rayo Cantabria de Segunda Federación, onde xogou 26 partidos, marcou seis goles e deu seis asistencias.
Antes de chegar a terras santanderinas, o mozo xogador estivo durante dúas tempadas no Valladolid Promesas, unha delas a do descenso de Primeira Federación (21/22).