A terceira fichaxe do Arxil chega desde Montenegro: Andrea Glomazić

Pontevedra
16 de agosto 2022

O Club Baloncesto Arxil volveu a mirar ao mercado internacional coa que é a súa terceira incorporación estival, a montenegrina Andrea Glomazić

Andrea Glomazić, nun partido coa selección de Montenegro FIBA Basketball

O Club Baloncesto Arxil volveu a mirar ao mercado internacional coa que é a súa terceira incorporación estival, a montenegrina Andrea Glomazić.

A xogadora, de 21 anos, é unha das pezas máis novas do equipo nacional do seu país.

Procede do Plamen Požega da primeira división croata, no que a última tempada promedió 10.4 puntos e 5.6 rebotes por partido.

"É explosiva xogando, non escapa a responsabilidade e sobre todo é unha xogadora de equipo", sinalan desde o Arxil sobre a súa nova xogadora, coa que esperan dar amplitude ao seu persoal na Liga Feminina 2.

A súa chegada únese ás da portuguesa Carolina Bernardeco e a macedonia Meniña Trajchevska, xunto ás renovacións de Margarita Moreira, Carla Fernández, María Lago, Heather Forster, Nerea Liste, Miriam García e Cristina Díaz-Pache.