A Sociedad Gimnástica incorpora oito atletas para manterse un ano máis en División de Honra

Pontevedra
12 de decembro 2020
Actualizado: 15:06

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra buscará manterse un ano máis en División de Honra. Para iso, reforzou o equipo masculino coa incorporación de ocho atletas a las disciplinas de saltos, lanzamientos, velocidade e fondo

Oriol Madi Sociedad Gimnástica de Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra buscará manterse un ano máis en División de Honra. Para iso, reforzou o equipo masculino coa incorporación de oito atletas de diferentes idades e disciplinas. 

Ademais das renovacións, exceptuando a Vicente Suárez que abandonará o tartán por temas académicos, ao club súmanselle reforzos en saltos, lanzamentos, velocidade e fondo.

Un das fichaxes máis mediáticas é a volta de Víctor Riobó ao atletismo federado. O deportista regresa ao club que lle viu crecer como atleta profesional para volver competir vestindo as súas cores. Aínda que estivo varios anos sen competir ao máximo nivel, conta cun palmarés que lle avala como un dos mellores mediofondistas españois, ademais de ter o récord do club de 1500 ml cun tempo de 3:43.43. Así mesmo, Riobó está vinculado ao club como adestrador do sector de fondo e é o director técnico do Medio Maratón ou a San Silvestre, carreira que gañou en doce ocasións.

En salto de altura, a Sociedad Gimnástica conta con dobre reforzo castelán-leonés: Sergio Sanabria e Miguel Madruga. Sanabria chega á Gimástica procedente do Aranda Granxa de Mozo Ibercaja, club da provincia de Burgos. Ten unha mellor marca persoal de 2,05 m, conseguida en Salamanca en Pista Cuberta, mentres que en Aire Libre aínda non conseguiu superar o listón no 2m. Nesta tempada, quedou cuarto de España en Aire Libre e campión da súa comunidade autónoma na súa categoría. O novo atleta iniciará a nova tempada na categoría sub23. 

Pola súa banda, Miguel Madruga volverá competir en categoría sub20. Chega do Puentecillas Palencia, club co que superou a barreira dos 2 m en aire libre. As súas mellores marcas persoais son 2,02 m sen teito e 2,08 m baixo teito. En categoría sub18 foi Campión de España en salto de Altura e conseguiu a mínima para os Campionatos de Europa sub18 que se celebraron en Hungría.

A velocidade é o sector máis renovado con catro incorporacións. En velocidade curta o club contará conSergio Rodríguez Teixeira, Jordi Fossas e Gabriel da Cruz, e en longa con Oriol Madi.

O primeiro chega ao club despois de vestir a camiseta do Atletismo Surco Lucena para achegar velocidade e experiencia nas probas individuais e en substitución, igual que Fossas e da Cruz, procedentes do AA Catalunya e do Club de Atletismo Vino de Toro Caija Rural, de Zamora. 

Oriol Madi, pola súa banda, chega para dar a volta á pista. Trátase dunha das novas promesas do Playas de Castellón cunha mellor marca persoal nos 400 ml ao aire libre cun tempo de 47.60.

O último reforzo da Sociedad Gimnástica é Edgar Capdevila, procedente do AA Catalunya e encargado de fortalecer o lanzamento de martelo. Ten unha mellor marca persoal de 63,24 m e aínda que na pasada tempada só competiu na liga de clubs para achegar puntos ao equipo barcelonés, a súa experiencia e anos dedicados ao atletismo fan que o seu novo club puidese confiar nel.

Julio Ventín, director da sección masculina, afirma estar "contento coas fichaxes e que a diferenza de idades entre os atletas fai que se equilibre a balanza entre sangue novo e experiencia".

FICHAXES PARA O EQUIPO FEMININO

Coa intención de manterse un ano máis en Primeira División e seguir soñando co ascenso, a Gimnástica fichou dúas atletas para o equipo feminino.

Trátase dos reforzos de Inés Blanco (fondo) e Irene Barbé (velocidade). A primeira deixa o Lucus Caixa Rural e incorpórase ao club pontevedrés para competir nas carreiras de  mediofondo, fondo e obstáculos. A fondista galega ten de mellores marcas nos 1500 ml 4:44.71 e nos 3000 m obstáculos, 11:15.35.

Pola súa banda, en velocidade o club apostará por Barbé, procedente do AA Catalunya, e que conta coa mellor marca nos 400 ml de 58:65. Ademais é subcampioa catalá dos 400 ml en categoría sub23.

Con estas dúas fichaxes queren suplir a baixa de Joselyn Brea, que se despide do equipo despois de competir coas súas cores durante catro anos. Coa Ximnástica obtivo o premio a mellor atleta na Copa Iberdrola Prata pola súa carreira dos 3000 ml, ao facer un tempo de 9:23.74 e récord de Venezuela. Ademais, no Campionato de España Absoluto chegou segunda nos 5000 ml, pero sen opción a  pódium. A esta baixa súmanse ás de Blanca Armenteros, María Jiménez e Marisol Diz.

Santi Ferrer, director da sección, segue confiando no seu bloque con atletas da casa que, ademais, refórzase coa incorporación doutra galega. El mesmo afirma que é "un equipo moi compacto no que a amizade entre elas é moi importante e nótase no  tartán e nas competicións colectivas polo que competir xuntas é un plus de motivación para elas".