A sincronizada galega reúnese en Pontemuiños

Pontevedra
17 de febreiro 2016

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra será sede o vindeiro sábado 20 de febreiro do Campionato Galego de Inverno de Rutinas Combinadas

Campionato Galego de Nivel de natación sincronizada en Pontemuiños Daniel Santomé

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños congregará, o vindeiro sábado 20 de febrebro, á mellor natación sincronizada autonómica coa disputa do Campionato Galego de Inverno de Rutinas Combinadas.

A competición, organizada polo Club Galaico Sincro e a Federación Galega de Natación, desenvolverase desde as 17:00 horas na piscina olímpica.

Será a primeira gran cita da tempada para a natación sincronizada, que nos últimos anos evidenciou unha notable progresión na comunidade, o que levou á Federción Galega a desenvolver un programa de alto rendemento con sede principal na cidade de Lérez, a cargo da adestradora nacional Sandra Montes.

Na cita competirán os principais clubs galegos, entre os que se atopan os dous pontevedreses, Galaico Sincro e o Club Natación Sincronizada Pontevedra.