O fútbol pontevedrés e galego estará representado na próxima convocatoria da Selección Española Sub-19.
Cinco son os futbolistas da comunidade incluídos na lista de 26 xogadores confeccionada polo seleccionador, Paco Gallardo, para unha concentración que se desenvolverá do 3 ao 8 de setembro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.
Entre eles están o pontevedrés Yago Moreira (Villarreal) e o arousán Óscar Marcos (RC Celta).
No caso do primeiro, trátase dun gardameta formado en equipos como a EF Villa de Marín, AJ Lérez ou EF Portero 2000, antes de dar o salto ao RC Deportivo coruñés.
Pola súa banda Óscar Marcos Santamaría, futbolista natural de Vilaxoán e na canteira do Celta dende moi novo, segue dando pasos con esta convocatoria nas categorías inferiores da Selección tras pasar xa polos combinados Sub-16, Sub-17 e Sub-18.
O resto de xogadores galegos na lista da Selección Española Sub-19 son Lucas Taibo (Sporting Clube Portugal), Izan Regueira (Real Madrid) e Javi Fernández (Bayern de Múnic).