Con ilusión arrinca a segunda volta de competición ligueira o Poio Pescamar, que chega ao mes de febreiro coa moral polo alto tras a súa clasificación para a final da Copa Xunta.
O club sitúa como obxectivo principal manter o seu posto entre os oito primeiros clasificados que dan dereito a xogar a final de tempada a Copa de España. Para iso é necesario sacar adiante partidos como o deste sábado (18:30 horas) na Seca.
As vermellas reciben ao recentemente ascendido Txantrea navarro, que pelexa por eludir o descenso e que marcha de momento na décimo terceira praza con 9 puntos, marcando a fronteira da salvación.
Marcio Santos convocou para o partido a Silvia, Mónica, Charo, Jenny Lores, Ale de Paz, Carol, Suki, Ceci, Jessy Lores, Patri Corral e Jenni.