A renovación do Teucro chega tamén ao seu corpo técnico

Pontevedra
31 de xullo 2019

O conxunto pontevedrés presentou ao que será corpo técnico dos seus equipos sénior para a tempada 19/20 que comenzará para eles este xoves 1 de agosto co primeiro adestramento no Pavillón Municipal dos Deportes

Presentación do corpo técnico do Teucro para a campaña 19/20 PontevedraViva

Todo listo na Sociedad Deportiva Teucro para iniciar unha nova tempada deportiva, curso que comezará este xoves 1 de agosto co inicio dos adestramentos do primeiro equipo no Pavillón Municipal dos Deportes.

Antes diso, o club pontevedrés quixo presentar ao que será o corpo técnicos de categoría sénior, no que aparecen varias caras novas seguindo coa renovación deportiva que tamén afectou á nómina de xogadores.

Aínda que Luís Montes mantense como máximo responsable do primeiro plantel rodearase de novos nomes. A súa segunda de abordo será Rosi Vilaboa, mentres que Adrián Méndezpasará a ser o preparador físico ocupando o oco deixado por Toño Puga, quen seguirá colaborando co Teucro pero que toma distancia por "asuntos personales", sinalou o directivo teucrista José Ameijeiras.

Ademais Xoán Velázquez incorpórase como fisioterapeuta en lugar de Javier Martín, que deixa a entidade despois de 8 anos. Estará acompañado por Miguel Pérez como masaxista, mentres que Javier Domínguez completa o corpo técnico do equipo de División de Honra Prata como delegado.

En canto ao filial de Primeira Nacional, Adrián Méndez será o adestrador principal auxiliado por Laura del Castillo, unha das coordinadoras da base.

Completando o organigrama Emilio Pintos 'Milucho' dirixirá as categorías inferiores. "Queríamos reforzar la estructura de base y necesitábamos un director técnico", sinalou respecto diso Luís Montes.