A reactivación do deporte en Galicia, en mans dun foro de expertos

Pontevedra
02 de outubro 2020

Deportistas de alto nivel, federacións deportivas ou agrupacións escolares, entre outros, estarán no comité de expertos que impulsa a Xunta e que definirá a volta á actividade do deporte despois da pandemia, especialmente nas disciplinas non maioritarias e que se atopan aínda paradas por completo

José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral para o Deporte creará o Foro de Reactivación do Deporte Galego como espazo de análise e procura de solucións para a reactivación do sector tras a pandemia.

Así o anunciou o goberno autonómico despois da última reunión do Consello de la Xunta.

Trátase dunha iniciativa que pretende ser útil especialmente no deporte menos maioritario, que en moitos casos continúa parado ao non ter podido elaborar protocolos de adaptación á actual situación sanitaria

Ese foro estará composto por unha serie de expertos, avanza a Xunta de Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Unión de Federacións Deportivas de Galicia (UFEDEGA), os grupos de traballo constituídos para os efectos da adaptación do protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, deportistas galegos de alto nivel, Agrupacións Deportivas Escolares de Galicia, as tres universidades, a Asociación Galega de Xestores Deportivos, o Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, a Asociación de empresas xestoras de instalacións deportivas de Galicia, así como persoas de recoñecido prestixio nas diferentes disciplinas vinculadas aos ámbitos académico, profesional e sectorial do deporte autonómico.

O goberno galego confía que este lugar de debate pode "ser o xerme de propostas que axuden á máis idónea reactivación do sector deportivo no seu sentido mais amplo (práctica de actividade física, deporte competitivo e sector produtivo e de prestación de servizos)", sinalou o executivo tras a reunión do Consello de la Xunta.